Coñecer o comportamento epidemiolóxico das enfermidades transmisibles e deseñar accións de prevención, control e tratamento.
Coñecer os factores determinantes da cadea epidemiolóxica das enfermidades transmisibles.
Identificar as medidas de prevención asociadas segundo o medio de transmisión.
Deseñar sistemas de control e vixilancia de abrochos
Deseñar accións de prestación de asistencia sanitaria en función do abrocho e outros condicionantes loxísticos e socio demográficos.
As enfermidades transmisibles.
- Enfermidades emerxentes, reemerxentes e desatendidas.
- Aspectos xerais do diagnóstico das enfermidades transmisibles.
- Clasificación das enfermidades transmisibles.
A cadea epidemiolóxica.
- Clasificación de axentes biolóxicos.
- Niveis e mecanismos de contención.
- Mecanismos de transmisión.
- Factores de risco.
- Modelos de presentación da enfermidade.
Prevención de enfermidades transmisibles.
- Enfermidades transmitidas por alimentos/auga.
- Enfermidades que se poden previr por vacinación.
- Enfermidades de transmisión aérea.
- Enfermidades transmitidas por vectores.
- Zoonoses e ETS.
- Medidas de prevención de enfermidades transmisibles en poboación susceptible.
Control de enfermidades transmisibles.
- Sistemas e tipos de illamento.
- Vixilancia epidemiolóxica.
- Enfermidades de declaración obrigatoria e declaración de abrochos
Tratamento das enfermidades transmisibles.
- Fundamentos xurídicos e lexislación aplicable.
- Organización da asistencia sanitaria.
- Prestación da asistencia sanitaria.
Este curso é común co servizo de Control de Enfermidades Transmisibles.