Ir o contido principal

Cribado neonatal da hipoacusia

O diagnóstico precoz da hipoacusia e de vital importancia para evitar consecuencias no desenvolvemento cognitivo da linguaxe, permitindo así o tratamento da diminución de agudeza auditiva que aparece ao nacer ou nos primeiros días de vida. Cunha intervención adecuada, a infancia con hipoacusia poderá optimizar a súa capacidade de comunicación, aprendizaxe e desenvolvemento social.

O cribado neonatal de hipoacusia é un programa preventivo-asistencial esencial en Saúde Pública. É unha actividade orientada á detección precoz de todos os recentemente nados/as con perda auditiva, ao diagnóstico e tratamento precoz e ao seguimento dos casos detectados. 

O obxectivo do curso é a formación sobre o cribado auditivo e a súa importancia, evolución e resultado do cribado en Galicia. Así mesmo analizarase a evolución na tecnoloxía do cribado e realizarase un obradoiro práctico

 

 

Información Xeral

  • Formato: Presencial
  • Data: 26 de Xunio do 2025
  • Lugar: Santiago de Compostela
  • Duración: 5 horas
  • Horario: 09:30h a 14:30h
  • Destinatarios: Principalmente persoal de enfermería responsable do cribado neonatal da hipoacusia infantil