Ir o contido principal

Curso de persoa cazadora con formación (2024, Lugo)

O obxectivo principal deste curso é obter a credencial como persoa cazadora con formación (en materia de sanidade e hixiene), mediante a acreditación dos coñecementos detallados na sección IV, capítulo I, número 4 do anexo III do Regulamento (CE) nº 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, en materia de control in situ, sanitario e de hixiene, das pezas de caza silvestre abatidas coa finalidade de seren destinadas ao consumo humano, así como do control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior, establecidos no no anexo IV do Real Decreto 50/2018, de 2 de febreiro, polo que se desenvolven as normas de control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior

  • Lugar: Dirección Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo. Rúa Montevideo, 9. Lugo.
  • Datas: 27 de xuño de 2024
  • Nº de horas lectivas: 7 horas
  • Número de prazas: 50
  • Contacto: Escola.Saude.Publica@sergas.es