O obxectivo do curso é capacitar ao persoal da Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) en materia da promoción da saúde comunitaria baseada en activos, promovendo o envellecemento activo e saudable na poboación maior de 50 años mediante a intervención integral sobre estilos de vida saudables, así como sobre as contornas e condutas seguras, dun xeito coordinado.
- Formato: Telemático
- Datas: 13-27 de xuño de 2024 (inclúe 3 xornadas en telepresenza síncronas os días 13, 20 e 27 de xuño de 2024 en horario de mañá máis traballo).
- Destinatarios: persoal da Rede Galega de Promoción da Saúde da Dirección Xeral de Saúde Pública