Perfil de capacitación
Inclúe a capacidade para:
- realizar a vixilancia epidemiolóxica das enfermidades, detectar e notificarlles as enfermidades infecciosas aos organismos oficiais pertinentes;
- elaborar os protocolos de vixilancia epidemiolóxica de enfermidades transmisibles, establecer definicións de casos e as súas revisións;
- planificar e responder ante gromos, epidemias e pandemias de enfermidades infecciosas;
- realizar avaliacións do risco para a saúde pública dos gromos de enfermidades infecciosas (incluídas avaliacións de riscos rápidas e a longo prazo), e coordinar a recollida de datos e a investigación sobre gromos;
- deseñar estudos epidemiolóxicos;
- deseñar e avaliar cuestionarios;
- redactar un informe dun problema de saúde pública, tendo en conta os parámetros da frecuencia das enfermidades e as tendencias das taxas de enfermidade entre poboacións e ao longo do tempo;
- xestionar datos e analizalos estatísticamente: normalización da recollida de datos, o cotexo electrónico dos datos e a garantía da validez dos datos dunha base de datos;
- modelización de enfermidades;
- xestionar os sistemas de información necesarios para realizar a vixilancia epidemiolóxica en Galicia;
- exportar os indicadores dos sistemas de información utilizados.
Itinerario formativo
O itinerario formativo adicional deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.
B.3.2.2.5. Análise estatística con Stata