Segundo a última Enquisa Nacional de Saúde da poboación xitana, os indicadores de saúde na comunidade xitana son peores que na poboación xeral. Isto é debido aos determinantes sociais da saúde, xa que os comportamentos nesta área non dependen só da persoa, senón tamén das condicións e oportunidades que ofrecen os ámbitos físico, educativo, de lecer e socioeconómico.
Entre as principais necesidades sanitarias da poboación xitana atópanse a promoción da alimentación saudable e do exercicio físico, a prevención de accidentes, a redución do consumo de tabaco e alcol e a promoción do autocoidado, así como do benestar emocional.
Publicouse a ORDE do 1 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro de programas de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública no campo da promoción da saúde da poboación xitana por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024 ao 2027 (código de procedemento SA462E).
O proxecto ten coma obxectivo a creación da Rede de Promoción da Saúde na Poboación Xitana, mediante a contratación de 7 mulleres pertencentes a esta etnia e coa formación e a cualificación específica en mediación intercultural para transformarse nunha referencia fundamental para a cúa propia comunidade. As liñas de actuación focalízanse en favorecer a adquisición de habilidades en hábitos de vida saudables, respectando a súa identidade e cultura.
- 01/01/2024 - 31/12/2027
- Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 60.00%
- Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade 40.00%