Ir o contido principal

Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde

Perfil de capacitación

Inclúe a capacidade para:

  • identificar as desigualdades socioeconómicas que inflúen na distribución da saúde na poboación galega;
  • coñecer e implementar modelos e estratexias para a promoción da saúde;
  • desenvolver accións de promoción da saúde dende unha orientación comunitaria mediante a abordaxe intersectorial, multidisciplinar e a través de intervencións no estilo de vida e nos determinantes sociais da poboación;
  • proporcionarlle unha atención de saúde de maneira integrada, equitativa e eficiente a toda a poboación baseada na equidade en saúde dende un enfoque de determinantes da saúde e a súa relación coas políticas públicas;
  • instaurar accións e programas nas contornas promotoras de saúde;
  • elaborar estratexias para promover unha alimentación saudable, promover a saúde mental e a prevención dos trastornos de condutas alimentarias;
  • elaborar, implantar e avaliar programas relacionados cos estilos de vida saudables;
  • deseñar programas formativos para os colectivos profesionais do sistema de saúde, tendo en conta a pedagoxía, socioloxía, a comunicación e a educación para a saúde;
  • implantar ferramentas de comunicación no ámbito dixital para unha comunicación efectiva coa cidadanía;
  • manexar os sistemas de información vinculados á promoción de estilos de vida saudables.