Perfil de capacitación
Inclúe a capacidade para:
- comunicarse dun xeito efectivo coa cidadanía e establecer as liñas dun plan de comunicación a través das canles sociais dispoñibles;
- elaborar e deseñar plans de formación;
- programar e avaliar accións formativas garantindo a calidade na educación;
- poñer en práctica metodoloxías en educación e investigación baseadas na creatividade;
- planificar a actividade da Escola Galega de Saúde Pública;
- organizar e xestionar un evento;
- interpretar e avaliar os indicadores de Saúde Pública;
- difundir a información xerada nos sistemas de información de Saúde Pública e o intercambio desta con outras administracións públicas ou entidades con competencias na materia.
Itinerario formativo
O itinerario formativo adicional deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.