Perfil de capacitación
Inclúe a capacidade para:
- manexar e interpretar a normativa sanitaria dun xeito avanzado no ámbito da seguridade alimentaria e sanidade ambiental;
- realizar as inspeccións e auditorías no marco da saúde pública;
- realizar auditorías internas dentro da propia institución;
- manexar o Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria;
- manexar o Plan Estratéxico de Saúde e Medio Ambiente e demais iniciativas europeas e internacionais de saúde ambiental para a xestión e loita dos riscos para a saúde da poboación derivados dos factores ambientais;
- avaliar os efectos sobre a saúde dos principais riscos ambientais e as pautas para o control e vixilancia;
- emitir informes vinculantes e non vinculantes no ámbito da seguridade alimentaria e sanidade ambiental;
- emitir informes dos procedementos de impacto ambiental ou dos procedementos de impacto na saúde;
- traballar conforme aos sistemas de calidade de saúde pública;
- manexar os sistemas de información de uso polo persoal inspector de saúde pública e os vinculados ao ámbito da sanidade ambiental e seguridade alimentaria;
- exportar os indicadores do ámbito da seguridade alimentaria e sanidade ambiental dos sistemas de información utilizados.
Itinerario formativo
O itinerario formativo adicional deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.