Perfil de capacitación
Inclúe a capacidade para:
- manexar a normativa sanitaria dun xeito avanzado no ámbito da seguridade alimentaria;
- manexar o Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria;
- planificar, elaborar, poñer en marcha e avaliar os programas e plans en materia de seguridade alimentaria;
- emitir informes vinculantes e non vinculantes no ámbito da seguridade alimentaria;
- realizar unha avaliación rápida do risco que permita tomar decisións e xestionar os riscos e as emerxencias en materia de seguridade alimentaria;
- traballar conforme aos sistemas de calidade da Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP);
- manexar os sistemas de información de uso polo persoal inspector de saúde pública e os vinculados ao ámbito da seguridade alimentaria;
- exportar os indicadores do ámbito da seguridade alimentaria dos sistemas de información utilizados.
Itinerario formativo
O itinerario formativo adicional deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.