O obxectivo desta xornada é difundir o traballo que se está a facer dende a Rede Galega de Vixilancia de Vectores, tanto no campo da sanidade humana como animal, a colaboración a distintos niveis institucionais e da cidadanía e a importancia de combater estes vectores para a saúde pública, dende un concepto ONE HEALTH.
- Título: I Xornada da Rede Galega de Vixilancia de Vectores. A importancia da prevención, vixilancia e control de vectores con interese en saúde pública
- Formato: presencial
- Data: 23 de setembro de 2024
- Horario: 16.00 horas-19.30 horas
- Destinatarios: Colectivos implicados na vixilancia e control das enfermidades transmitidas por vectores, como, por exemplo, persoal sanitario, persoal dos concellos, inspectores de saúde pública e de medio rural, ou persoal de protección civil.