Perfil de capacitación
Ademais da capacitación técnica transversal común para todas as categorías profesionais, débese alcanzar a seguinte capacidade para:
- manexar a normativa vixente común en saúde pública;
- deseñar, elaborar e avaliar un programa de saúde pública;
- realizar unha análise estatística en ciencias da saúde;
- avaliar un estudo epidemiolóxico;
- realizar buscas bibliográficas para poder elaborar protocolos e informes de calidade no ámbito da saúde pública;
- elaborar e interpretar artigos científicos;
- traballar dun xeito ordenado baseado en procedementos normalizados de traballo;
- deseñar, solicitar e xestionar un proxecto europeo;
- ler, comunicarse verbal e por escrito en inglés;
- redactar todo tipo de disposicións administrativas e lexislativas vinculadas coa saúde pública;
- planificar as liñas de traballo en saúde pública de tal xeito que se alcancen as metas dos obxectivos de desenvolvemento sustentable;
- incluír a saúde en todas as políticas e instaurar a metodoloxía da avaliación do impacto en saúde.
Itinerario formativo
O itinerario formativo adicional deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.