Perfil de capacitación
Abrangue o persoal administrativo, persoal técnico e de xefatura.
Inclúe a capacidade para:
- coñecer e manexar a nivel básico os aplicativos comúns a todo o persoal da Dirección Xeral de Saúde Pública utilizados na práctica habitual;
- coñecer os criterios de ética que lles permitan ás persoas traballadoras da saúde pública tomar decisións en liña cos principios e valores da organización que representan;
- detectar e corrixir situacións de desigualdade e perspectiva de xénero;
- coñecer os fundamentos e procesos de transparencia dos gobernos e da Administración pública, de xeito que se fortaleza a comunicación coa cidadanía;
- localizar a información na rede, realizar comunicacións internas e externas, tramitación de documentos internos e externos, tramitación de información en liña, xestión de procesos de tramitación administrativa, elaborar documentos segundo instrucións, xestionar datos numéricos, elaboración de gráficas de datos, automatización de procesos numéricos e comunicación audiovisual;
- identificar a normativa sanitaria vixente;
- ler, producir textos ben estruturados, comunicarse verbal e por escrito adecuadamente en galego;
- elaborar e tramitar expedientes económicos.
Itinerario formativo
O itinerario formativo deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.