Perfil de capacitación
Inclúe a capacidade para:
- elaborar procedementos e documentación baseados en sistemas de calidade;
- implementar a norma UNE-EN-ISO 17020 na inspección de saúde pública;
- realizar auditorías internas dentro da propia institución;
- realizar supervisións do persoal inspector que realiza o control sanitario oficial;
- interpretar e manexar os programas en materia de sanidade ambiental e seguridade alimentaria;
- deseñar programas de formación;
- xestionar os recursos materiais empregados no desenvolvemento das actividades de inspección;
- manexar os sistemas de información vinculados ao persoal inspector e ao ámbito do control e das auditorías;
- exportar os indicadores do ámbito do Servizo de Control e Auditorías dos sistemas de información utilizados.
Itinerario formativo
O itinerario formativo adicional deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.