Inclúe a capacidade para:
- negociar,
- empatizar,
- dispoñer de habilidades comunicativas,
- alcanzar aptitudes pedagóxicas,
- coñecementos sobre persuasión e influencia,
- saber xestionar conflitos,
- traballar en equipo,
- ser obxectivo/a,
- adaptarse dunha maneira flexible aos cambios,
- realizar o traballo dun xeito organizado e eficiente,
- saber liderar (nin afecta ao perfil profesional administrativo).
É importante salientar que as actividades formativas para acadar esta capacitación serán diferentes en función do posto de traballo que se desenvolva. A modo de exemplo, o persoal administrativo acadará os coñecementos en persuasión e influencia a través da realización da actividade formativa «Xestión de queixas e reclamacións», mentres que o persoal técnico a alcanzará a través da acción «Liderado operativo e habilidades de influencia».
Ademais de definir os coñecementos necesarios para adquirir en función do posto de traballo que se desenvolva, definíronse tres áreas sobre as que traballar:
- Na área de traballo de atención á cidadanía inclúense as accións que permiten ofrecer un servizo á sociedade que poida conxugar os obxectivos da organización coas necesidades e particularidades da poboación á que van dirixidos os servizos que se están proporcionando.
- Na área de traballo de xestión das persoas, inclúense as accións que posúen como denominador común o manexo de pautas e ferramentas de liderado para unha adecuada xestión, desenvolvemento e aliñación do talento interno co propósito da Dirección Xeral de Saúde Pública, e as liñas de desenvolvemento estratéxico coas que conta para ese efecto.
- Na área de traballo de eficiencia e desenvolvemento inclúense as accións que estimulan o crecemento naquelas competencias profesionais máis transversais necesarias para o desenvolvemento de determinadas funcións e responsabilidades, independentemente da súa natureza.
O itinerario formativo adicional de cada perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.