A saúde pública debe liderar a xeración de coñecemento neste ámbito, planificando a formación, fomentando a investigación e innovando nas fórmulas de xestión empregadas na relación cos diferentes axentes sanitarios, económicos e sociais.
Para iso, a Escola facilitará que todo o persoal de Saúde Pública desenvolva as competencias actualizadas e apropiadas para o desempeño das súas funcións e responsabilidades, contribuíndo á consecución dun perfil de alta capacidade técnico-científica.
A Escola pon á disposición dos profesionais, itinerarios formativos partindo dos diferentes perfís definidos polas unidades e servizos.
Perfís de capacitación técnica profesional
Este apartado recolle os perfís de capacitación profesional das persoas que traballan, no ámbito da Dirección Xeral de Saúde Pública e das xefaturas territoriais, en Galicia.
- Perfil de capacitación técnica: conxunto de coñecementos técnicos que se adquiren a través da formación e a experiencia, que conforman a base do valor como expertos nunha materia determinada. Á súa vez, a capacitación común a todas nunha mesma categoría profesional denomínase capacitación técnica transversal, mentres que aquela específica e propia dunha área concreta dentro do campo da saúde pública é denominada capacitación técnica específica.
- Perfil de capacitación en habilidades: conxunto de capacidades, habilidades ou aptitudes que achegan un beneficio adicional á capacitación profesional, que poden estar baseadas en valores e trazos persoais ou poden estar baseadas en coñecementos adquiridos.
- Itinerario formativo: conxunto programado e ordenado de actividades formativas para capacitar os profesionais de Saúde Pública no desempeño adecuado do seu posto de traballo. Este itinerario irase implementando ao longo dos plans de formación continuados anuais.
1. Perfís de capacitación técnica transversal
A capacitación técnica transversal que debe alcanzar o persoal traballador do ámbito da saúde pública en función da súa categoría profesional é:
2. Perfís de capacitación técnica específicos
A capacitación específica que debe alcanzar o persoal traballador do ámbito da saúde pública en función da súa categoría profesional e a unidade onde desenvolva o seu traballo é:
2.1. Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables
2.2. Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde
2.3. Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía
3. Perfís de capacitación en habilidades
A capacitación en habilidades que debe alcanzar o persoal traballador do ámbito da saúde pública en función da súa categoría profesional é: